Unha viaxe a través de máis de 200 anos de gastronomía galega da man de Javier Olleros

Antes do lanzamento

Falta moi pouco para a estrea de “Produtos Viaxeiros”. Para asegurarte de que non te perdes o lanzamento segue á conta de Boísimo na túa rede favorita (Instagram, Facebook, Twitter ou Youtube). 

Mentres tanto, poderás atopar nas redes de Boísimo contido exclusivo da reportaxe e unha pequena toma de contacto coas inquedanzas do cociñeiro Javier Olleros, chef de Culler de Pau e gañador de 3 Soles Repsol.

Presentación en Instagram Live

Para que vaias facendo “apetito” a cita comenzará as 18:40 cunha charla en Instagram Live a cargo de Javier Olleros (@javi_cullerdepau), o director Alberto Baamonde (Zinqin audiovisual/Esmerarte) e Pablo López (@Boisimo_) na que falarán de gastronomía galega e, por suposto, dos produtos viaxeiros.

Estrea #ProdutosViaxeiros

A estrea da reportaxe terá lugar este mércores 3 de marzo as 19:00 hora española. E poderás seguila a través do YouTube, o Facebook e o Instagram de Boísimo.

https://www.youtube.com/watch?v=GYky19y7cxA&feature=youtu.be

Despois do lanzamento

Boísimo é o portal de cultura gastronómica de Galicia, un proxecto creado por GCiencia para divulgar a riqueza da investigación, do produto e da cociña galega. Descubre como vivir, cociñar e mercar produtos con acento galego nas súas redes.

Boisimo