PortAmérica es una celebración de todas las cosas buenas que nos unen como humanos. Un refugio para todo tipo de gente que es bienvenida para abandonar las preocupaciones del mundo exterior.

Dos días para sentir, disfrutar y vivir como nos gustaría.

En esta edición, cada una de las barras Estrella Galicia del festival llevará honorificamente el nombre de una mujer gallega pionera en su campo.

Mujeres con historias inspiradoras sobre cosas tan simples como su forma de amar, estudiar o trabajar que se convierten en un gran ejemplo para nosotros. Un ejemplo de que no es necesario tener un gran don para ser capaz de abrir camino a las siguientes generaciones.

Marcela Gracia e Elisa Sánchez - Namoradas, primeiro matrimonio homosexual de España

Coñecéronse estudando na Escola de Mestras da Coruña e namoraron. Tras uns anos de separación, atopáronse de novo xa como mestras e continuaron a relación. En 1901, Elisa vestiuse de home e inventou un pasado para convertirse en Mario. O 8 xuño de ese mesmo ano, Elisa e Marcela casaron. Cando a xente se decatou foron perseguidas, excomulgadas e tiveron que fuxir a Arxentina. A acta de matrimonio nunca chegou a anularse.

Isabel Barreto - Almirante

Nada en Pontevedra. Navegante galega, ademáis de gobernadora e adiantada, foi a primeira mller na historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e ás illas Salomón.

Ángeles Alvariño - Investigadora

Nada en Pontevedra. Navegante galega, ademáis de gobernadora e adiantada, foi a primeira mller na historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e ás illas Salomón.

Isabel Barreto - Almirante

Primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Natural de Ferrol, foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e a bioloxía mariña. Viaxou por todo o mundo realizando investigacións, descubríu 22 especies novas de zooplancton, escribíu varios libros e máis dun cento de artigos científicos.

Antonia Ferrín - Astrónoma

Orixinaria de Ourense, foi unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou como investigadora sendo a primeira mller en defender unha tese de Astronomía en España: “Observaciones de pasos en dos verticales”. Foi a madriña dos 50 anos da licenciatura de matemáticas na Universidade de Santiago.

Olimpia Valencia - Médica

Nada en Baltar, Ourense, convertiuse na primeira médica galega (1925). Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese doutoral, abríu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller.

Maruja Mallo - Pintora

Natural de Viveiro, foi recoñecida internacionalmente. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, na coñecida Xeración do 27, dentro da denominada vangarda interior española. Ó estoupar a Guerra civil marchou a portugal, onde tramitaría o seu exilio cara Bos Aires, onde permaneceu durante 25 anos.

Concepción Arenal - Xurista, Escritora e Xornalista

Natural de Ferrol, foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e precursora do feminismo. Foi a primeira muller en asistir a unha universidade en España. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade. Segue sendo considerada a día de hoxe unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosa do século XIX.

Ana Kiro - Cantante

Orixinaria de Arzúa, foi unha das grandes expoñentes da música galega no século XX. A súa música trascendeu fronteiras, chegando a entrar nas listas de vendas de toda España durante varios meses. Algúns dos seus traballos venderon máis de 100.000 copias, o que fixo que puidera facer xiras por países receptores de emigrantes galegos como Alemaña, Suíza, Francia ou incluso o continente americano.

Maruxa das Cortellas - Pandereteira

Nada en Soutomaior, foi unha das grandes impulsoras da importancia da percusión dentro da música tradicional galega. Foi unha das grandes pandereteiras do Sur de Galicia, actuando tamén como pedra angular da recuperación de estilos interpretativos arcaicos como valses, xotas ou muiñeiras. Recibíu o recoñecemento xa ben entrada a madurez, cando foi convidada asidua da TVG en programas como o Luar.